Armenteira e Punto Armenteira e Punto

Información legal

Aviso legal

Titular da web

Club Ciclista Armenteira e Punto, asociación deportiva sen ánimo de lucro.
NIF: pendente
Inscrito no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia co número pendente.
Lugar Vilar, nº 5, Armenteira – Meis (Pontevedra)
Correo: [email protected] · Teléfono: +34 634 95 01 05

Para que serve

Esta web informa sobre o club e as súas actividades e permite aos socios e socias renovar cada tempada, tramitar a licenza federativa e facer os pedidos de roupa do club.

Condicións de uso

  • A conta é persoal: cada persoa responde da veracidade dos datos que dá e de gardar o seu contrasinal.
  • Quen xestiona a familia dende a súa conta responde dos datos das persoas ao seu cargo, incluídos os menores.
  • Non se pode usar a web para fins ilícitos nin para danar o club ou outras persoas.

Propiedade intelectual

O nome, o logotipo e os contidos da web son do club ou úsanse con permiso dos seus autores. Non se poden reproducir con fins comerciais sen autorización.

Responsabilidade

O club procura que a información estea ao día e que a web funcione sen interrupcións, pero non pode garantilo sempre. Os pagamentos con tarxeta ou Bizum fanse na páxina segura de ABANCA: o club non ve nin garda os datos da túa tarxeta.

Datos persoais e condicións

Como tratamos os teus datos está en Protección de datos. As condicións dos pedidos, as cotas e as devolucións están en Condicións de compra e devolucións.

Lexislación

Esta web réxese pola lexislación española, en particular pola Lei 34/2002 de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico.