Información legal
Protección de datos
O Club Ciclista Armenteira e Punto infórmache, en cumprimento da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) e do Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD), sobre o tratamento dos teus datos persoais como socio ou socia do club e para a licenza federativa de ciclismo.
Responsable do tratamento
Club Ciclista Armenteira e Punto
Lugar Vilar, nº 5, Armenteira – Meis (Pontevedra)
Correo: [email protected]
Teléfono: +34 634 95 01 05
Para que usamos os teus datos
- Xestionar a túa condición de socio ou socia do club e a súa renovación.
- Tramitar a licenza federativa de ciclismo ante a Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) e a Federación Galega de Ciclismo.
- Xestionar os pedidos de roupa do club e os seus pagamentos.
- Comunicarche actividades, eventos e servizos do club.
- Cumprir as obrigas legais e fiscais.
Base legal
A execución dun contrato de prestación de servizos deportivos (cotas de socio e licenza federativa) e o teu consentimento.
Quen recibe os teus datos
- A RFEC e a Federación Galega de Ciclismo, para tramitar as licenzas.
- A Axencia Tributaria e a Seguridade Social, polas obrigas fiscais.
- ABANCA e Redsys, que procesan os pagamentos con tarxeta ou Bizum, só cos datos necesarios para cobrar.
Canto tempo os gardamos
O tempo necesario para o que se recollen e para determinar posibles responsabilidades, ata un máximo de 5 anos despois de deixar de ser socio ou socia. As fotos do DNI que se soben para a licenza bórranse en canto a licenza queda tramitada.
Os teus dereitos
Tes dereito a acceder, rectificar, suprimir, limitar, opoñerte e portar os teus datos. Para exercelos, envía unha solicitude por escrito ao correo do club ou por correo postal á dirección indicada, cunha copia do DNI. Responderémosche nun prazo máximo dun mes.
Se consideras que non se respectaron os teus dereitos, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos en www.aepd.es.
A túa imaxe
Só publicamos fotos túas nas redes sociais do club se o autorizas. Podes cambialo cando queiras desde os teus datos na área de socio.