Armenteira e Punto Armenteira e Punto

Información legal

Condicións de compra e devolucións

Estas condicións valen para os pedidos de roupa e para as renovacións (cota de socio e licenza federativa) que se fan nesta web do Club Ciclista Armenteira e Punto.

Pagamento

  • Con tarxeta ou Bizum, na páxina segura de ABANCA. Se o pago non se completa nunha hora, o pedido ou a renovación anúlanse sen cargo.
  • Por transferencia á conta do club, subindo o xustificante. A tesourería revísao e confírmao; se hai algún problema, avísate e podes subir outro.
  • Co saldo de bonos do club, se o tes e o escolles.

Roupa do club

  • A roupa pídese por campañas, dentro das datas que se indican. Os prezos son os de cada campaña e inclúen os impostos.
  • Cada marca só fabrica os modelos que chegan ao seu mínimo de unidades. Se un modelo non chega, o club pode completalo ou anulalo; se se anula, devólvese o pagado por esas prendas polo mesmo medio (o pagado con saldo de bonos volve como saldo).
  • A roupa recóllese no club: avisarémoste cando chegue.
  • A roupa faise por encargo e coa imaxe do club, polo que non ten dereito de desistimento (artigo 103 da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios). Se unha prenda chega con algún defecto, escríbenos e buscamos solución coa marca.

Cotas e licenzas

  • Os prezos da cota, da cota familiar e das licenzas fíxaos a directiva para cada tempada e vense antes de pagar. Fóra de prazo pode haber un recargo.
  • A licenza tramítase na federación unha vez pagada. Unha vez tramitada non se pode devolver, porque o club xa a pagou á federación. Antes diso, se renovaches por erro, fala coa directiva.

Bonos do club

Os bonos que dá o club súmanse ao saldo da túa conta. Úsanse en roupa, cotas e licenzas, non se poden cambiar por diñeiro e valen ata o 31 de decembro do ano seguinte a recibilos.

Dúbidas e reclamacións

Escríbenos a [email protected] ou chama ao +34 634 95 01 05. Tamén podes pedir as follas de reclamación.